Sunday, July 12, 2020

Guadi Galego Pon Voz Á Celebración Do Día Das Letras Galegas Da ASCM


.   A Asociación Sociocultural ASCM celebra o día das nosas letras cun vídeo, con música da artista cedeiresa, que visibiliza que ser galego deixa marca.




A Asociación Sociocultural ASCM celebra o Día das Letras Galegas cunha montaxe audiovisual "Galego a flor de pel", na que pretenden visibilizar que - "ser galego se leva moi fondo e deixa pegada, marca"-.  A iniciativa consistiu en gravar, no pel, palabras en lingua galega para fomentar o se emprego en tódolos ámbitos da vida. As fotografías, enviadas por persoas de toda a nosa Comunidade, están acompañadas polo tema "Recoñecéndome" da artista cedeiresa, Guadi Galego.

Guadi Galego non dubidou en sumarse a esta iniciativa - afirmando que -"emociona cando se emprega a súa música para estes proxectos". Desde a entidade do Terceiro Sector agradecen a xenerosidade da artista ao ceder o tema para a realización da peza conmemorativa. Outros colectivos coma a organización do festival equino, "Equiocio" quixeron aportar o seu gran de area para a realización do vídeo; achegando unha fermosa imaxe, na que a natureza de Covas cobra especial protagonismo.

A equipa de Voluntariado Inclusivo de ASCM fixo posible, unha vez máis, esta iniciativa que pretende que a cultura non pare, pese á crise sanitaria que se está a vivir. Unha fantástica oportunidade de reivindicar a lingua, nun ano no que a efeméride lingüística está adicada ao ferrolán, Ricardo Carvalho Calero.  A peza estará subida nas redes sociais da entidade para que toda a cidadanía poida sentir, máis ca nunca, o "galego a flor de pel".

Repercusión en medios:


Related word


No comments: